I Concurso de Fotografía:

«A interxeracionalidade como vacina contra o idadismo»


Primeiro Premio: María López Randolfe

Título da serie fotográfica: «Na casa aprenden».

Resumen
: Nesta serie fotográfica a autora quere reflexar como na casa poden convivir varias xeracións, mostrando algúns aspectos do estilo de vida da súa familia, incorporando aos máis maiores o uso de tecnoloxías, e o aprender dos máis xoves as costumes e lendas dos avós neste caso.

Segundo Premio: Pedro Silva Castromil

Título da serie fotográfica: «VERMÚ. Ou miña avoa preparándose para quedar coas amigas».


Resumen
: Aqueles con cultura visual ben saben que unha imaxe non sempre ten que ser nítida para trasmitir emocións, puidendo mesmo gañar forza mediante o recurso expresivo do desenfoque. Do mesmo xeito, non somentes un rostro sen mácula e libre de arrugas pode chegar a resultar fermoso. Din que a beleza se atopa na ollada do que mira, mais é tamen unha forma de estar no mundo, de expresarse, de mostrar identidade, de valorarse a través dunha sana autoestima, de quererse e coidarse, de mirarse o espello con orgullo e satisfeito do que un é, e da aventura que día a díalle percorre, dende dentro a fora e de fora cara dentro, deixando pegada o seu paso.

Prepararse para sair a tomar o vermú poderia semellar unha tribialidade pero supon todo unritual de autocoidados e acicalamento, moi ligado a autoestima e o fomento do benestar, de cara a un acto social, que serve para manternos conectados, activos, despertos e activos. Ditos rituais permanecen prácticamente inmutábeis o longo do tempo, supoñendo unha áncora a tempos remotos, un acto de conexión do pasado co presente, rehibindicando a nosa identidade e o noso lugar no mundo, o sentido de pertenza dentro da sociedade e sendo un garante da nosa identidade. Podemos entender que a beleza ao igual que a idade, responden máis a unha actitude e a un sentido de expresión das nosas vidas que o mero devir do tempo.