AFAGA Alzheimer é unha entidade sen ánimo de lucro que realiza diferentes actividades destinadas a mellorar a calidade de vida dos enfermos de Alzheimer e outras demencias e os seus familiares, así como ofrecer información, asesoramento e orientación a todas as persoas que o soliciten, achegar a realidade desta enfermidade a entidades públicas e privadas co obxectivo de conseguir unha resposta ampla e eficaz ás demandas deste colectivo, e estimular e colaborar nas investigacións que se realizan sobre esta enfermidade.
AFAGA Alzheimer ten como misión levar a cabo unha serie de actividades destinadas a mellorar a calidade de vida das persoas enfermas de Alzheimer ou outras demencias e dos seus familiares, así como ofrecer información, asesoramento e orientación a todas as persoas que o soliciten. Ademais, colabora en proxectos de investigación e formación que contribúan a unha mellor comprensión da enfermidade.
Atención a familiares e coidadores: programa de acollida, programa de atención social, atención a domicilio, atención psicolóxica, asesoramento xurídico, asesoramento en axudas técnicas
Atención a persoas con Alzheimer ou outras demencias: obradoiros de estimulación, obradoiros de novas tecnoloxías, estimulación a domicilio, fisioterapia a domicilio.