[Publicada orixinalmente o 7/09/2022 ligazón ]

A Valedora do Pobo mantivo unha xuntanza cos representantes da Cátedra de Idadismo da Universidade de Vigo que foi creada en abril do presente ano. Na reunión, á que tamén asistíu a Adxunta á Valedora do Pobo,  estiveron a directora da cátedra, Ana Belén F. Souto, Xaime Fandiño,  membro da Comisión, Luis Barros, CEO de Atendo e  Juan Carlos Rodriguez, Presidente de AFAGA (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheímer  e outras demencias de Galicia).

Neste encontro comentáronse as actividades que se están a desenvolver por parte de ambas as institucións e a vontade de colaboración para abordar este novo xeito de discriminación.

A Valedora lembrou a celebración da xornada “O idadismo, discriminación por mor da idade” no Carballiño en febreiro pasado, referiu o traballo que se está levando a cabo para definir nun documento da institución os dereitos das persoas maiores, e anunciou a celebración dun encontro que terá lugar no mes de novembro con representantes deste sector ao que convidou a participar á Cátedra.