A cátedra
Un mundo para todas as idades é posible, un mundo máis igualitario e no que respecte a dignidade e os dereitos das persoas. A Cátedra de Edadismo que Afaga e Atendo iniciamos desde a Universidade de Vigo e pioneira en España, é un movemento local desde un dos territorios máis envellecidos do mundo como é Galicia, que se integra nunha coalición mundial liderada pola OMS cuxo obxectivo é combater a nosa forma de pensar, sentir e actuar con respecto á idade e o envellecemento.
Debemos aproveitar este impulso dunha Campaña Mundial contra o Edadismo, e en plena Década de Envellecemento Saudable 2020-2030, para loitar contra os estereotipos negativos, os prexuízos e a discriminación respecto a as persoas en función da súa idade.
Desde a Cátedra de Edadismo unímonos a gobernos, sociedade civil, medios de comunicación, institucións académicas e demais actores para iniciar unha cruzada mundial que cambiará a vida das persoas.
O combate xa se iniciou e Galicia convértese así no epicentro da loita contra un tipo de discriminación que dana a saúde e a dignidade individuais, así como as economías e as sociedades en xeral.