A intención desta proposta é tratar de concienciar sobre o idadismo presente na nosa sociedade. Nos proxectos presentados valorarase a mirada interxeracional da persoa autora, así como un enfoque claro da heteroxeneidade das persoas en calquera momento da súa vida.

Lembremos que o idadismo nos afecta ao longo da vida, tanto de novos, como de adultos e maiores. Recoméndase visitar a nosa web para saber máis da Cátedra.

1 – Participación: poderá participar calquera persoa, maior de idade ou que cumpra os 18 anos dentro do 2024, con residencia ou que estudie en Galicia. O/a  participante que se presente ao concurso será o único responsable dos seus contidos, garantindo que cumpre con todos os requisitos legais.

2. Temática: interxeracionalidade & idadismo.

3. Formato: serie fotográfica de entre 6 e 10 orixinais que manteña coherencia discursiva e que estea relacionada coa temática da convocatoria. Para cada serie fotográfica que presente, o autor debe incluír, ademais:

  1. Un título que denomine a súa proposta creativa.
  2. Un pequeno resume (lenda) que explique a filosofía da obra. A lonxitude máxima non poderá superar as 300 palabras.

4. Requisitos técnicos: admítense fotografías tanto en formato vertical como horizontal.

  • Formato JPG
  • 150 ppi (píxeles por polgada)
  • Lado mínimo: 25 cm.

5 – Propostas: poderase entregar unha única serie por concursante. Tódalas imaxes deberán ser completamente orixinais.

6 – Prazo da convocatoria: estará aberta desde o 1 de outubro de 2024 ata ás 13:00 horas do 10 de novembro de 2024.

7 – Entrega: os traballos, en formato dixital, deberán ser enviados á conta de correo: idadismo@uvigo.gal -sendo aconsellable facelo a través de un enlace wetransfer-. Xunto coas imaxes, deberase enviar cuberto o formulario de inscrición.

8 – Premios: establécense dous únicos premios:

  • Primeiro premio 600 €
  • Segundo premio 400 €

9 – Xurado: o xurado estará composto por membros da Cátedra de Idadismo da Universidade de Vigo e especialistas na materia. O fallo do xurado será inapelable e cada persoa autora só terá dereito a un premio.

10 – Propiedade intelectual: as obras premiadas seguirán sendo propiedade dos seus autores. A Cátedra de Idadismo terá dereito á difusión das obras premiadas na súa páxina web e en calquera acto ou publicación no que participe, indicando sempre o nome da persoa ou persoas autoras.

11 – Aceptación das bases: a participación no concurso supón a aceptación de todas as bases anteriores. Os datos persoais dos participantes recollidos serán tratados pola Cátedra de Idadismo no marco deste concurso como entidade responsable do tratamento coa finalidade de xestionar e tramitar a súa participación no mesmo; de enviarlles información sobre outras actividades da entidade que poidan estar axustadas ao seu perfil. Os participantes poden exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, limitación, supresión, portabilidade e oposición en materia de datos persoais, dirixíndose a Dirección da Cátedra de Idadismo a través do correo idadismo@uvigo.es.

Para calquera dúbida sobre o concurso, podes dirixirte ao correo idadismo@uvigo.gal.